As actividades interxeneracionais ao aire libre de Benestar Social comezan o luns e amplíanse a sete espazos de Vigo

xoves, 1 xul 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, explicou este xoves que o vindeiro luns 5 de xullo comezará o programa gratuíto de actividades interxeneracionais ao aire libre en sete espazos de Vigo, que se desenvolverán de 10.30 a 11.30 horas. A concelleira nacionalista destacou que está destinado especialmente ás persoas maiores cos seus netos e netas, pero que toda a cidadanía que o desexe poden participar "sen necesidade de inscrición previa".

Santi Domínguez asegura que o Centro Social de Atención non repercutirá negativamente no barrio de Ribadavia

martes, 29 xuñ 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, defendeu este martes que a construción do novo Centro Social de Atención Continuada no repercutirá negativamente no barrio de Ribadavia e, polo contrario, permitirá mellorar os accesos e as dotacións da zona. O nacionalista fixo estas declaracións tras a xuntanza que mantivo con representantes veciñais e comerciais da zona, na que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e na que lles transmitiu que a elección da ubicación do centro é unha "decisión avalada e apoiada por todo o goberno".

O Consello Municipal de Inmigración apoia a construción do centro de emerxencia social na ubicación elixida

venres, 25 xuñ 2010

O Consello Municipal de Inmigración, celebrado onte xoves, aprobou unha declaración de respaldo á construción do Centro Social de Atención Continuada de Vigo, cuxo proxecto recentemente presentaron a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social. No texto se fai especial fincapé na necesidade que ten unha cidade como Vigo de atender ás persoas en situación de exclusión social.

Santi Domínguez presenta unha guía de recursos para favorecer a integración en Vigo das persoas estranxeiras

venres, 25 xuñ 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, presentaron este venres a "Guía de información e acollida para persoas de procedencia estranxeira". Os nacionalistas salientaron que a edición desta ferramenta trata de dar solución ás demandas de información das persoas que chegan a Vigo co obxectivo de facer unha cidade máis igualitaria e acadar a plena integración do colectivo emigrante.

O goberno local concibe a accesibilidade coma eixo transversal de todas as áreas

Vigo recibíu o premio da Cocemfe polo seu traballo a prol da accesibilidade

luns, 21 xuñ 2010

O alcalde, o tenente de alcalde e as concelleiras de Benestar Social e Vías e Obras viaxaron a Madrid para recibir o galardón. De todo o Estado, Vigo foi a cidade que máis investiu na eliminación de barreiras arquitectónicas, actuando en 23 instalacións municipais. Os traballos de humanización exténdense a 134 rúas, ou 63,7 quilómetros de calles humanizadas, con accesibilidade para persoas con discapacidade.

Vigo recibe mañá venres o premio Cocemfe 2010 polo traballo a prol da mobilidade e a integración das persoas con discapacidade

xoves, 17 xuñ 2010

O Concello de Vigo recibirá mañá en Madrid o premio Cocemfe 2010, concedido pola Confederación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (Cocemfe) polo seu traballo a prol da mellora da accesibilidade e integración das persoas con discapacidade. O galardón recoñece os programas postos en marcha dende as distintas áreas do goberno da cidade para dar resposta ás dificultades coas que se atopan as persoas con discapacidade.

Tenencia e Benestar destinan 54.000 euros a apoiar o labor de Afaga, Asociación de Persoas Xordas e Menela

xoves, 17 xuñ 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este xoves a renovación dos convenios con outras tres entidades sociais da cidade, como son Afaga (Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia), a Asociación de Persoas Xordas e a Fundación Menela. O nacionalista subliñou a continuada aposta da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social "polo labor que desenvolven as entidades de carácter social que se unen ao noso traballo por dar resposta ás necesidades das persoas".

O Concello reclama a "cooperación" da Xunta de Galicia no albergue e a "transferencia" da Gota de Leite

luns, 14 xuñ 2010

O alcalde entrevistouse este luns coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e solicitoulle en materia de asuntos sociais unha relación "bilteral e directa" co Concello de Vigo, "sen intermediarios", ademais de "cooperación" no albergue que porá en marcha a cidade e a "transferencia" do edificio da Gota de Leite. O Concello plantea "acordos" coa Xunta neste aspecto e estudará a nova figura que prevé suplantar ao actual Consorcio do Benestar.

María Méndez destaca que as actividades de prevención do PLDA chegaron a 9.896 persoas, cun aumento do 100%

xoves, 10 xuñ 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo balance este xoves das actividades de prevención de drogodependencias que desenvolveu no último ano o Plan Local de Drogas e outras Adiccións. A edil do BNG salientou que 9.896 persoas participaron nestas iniciativas, levadas a cabo sobre todo nos centros escolares pero tamén nos eidos de xuventude, muller, cultura e deporte. A cifra supón un incremento de máis do 100% respecto aos participantes do ano anterior, cifrada en 5.102.