Escoitar

Caballero visita as obras de acondicionamento do albergue nas que se invisten 59.000 euros

As obras de remodelación que o Concello está a acometer nas instalacións da Casa do Pescador, en Marqués de Valterra, supoñen un investimento de 59.000 euros para adaptación do Centro de Atención Social Continuada. Deste xeito, Vigo contará co único centro público de Galicia que ofrece atención integral e que contará cun orzamento anual de 715.000 euros.

venres, 10 ago 2012
1344600874albergue.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe venres o Centro Integral de Inclusión e Emerxencia social, no edificio da Casa do Pescador, en Marqués de Valterra, no que se están a invertir 59.000 euros nas obras de reparación e mantemento para acoller o Centro de Atención Social Continuada. Concretamente, detallou, estanse a realizar, reformas nos intinerarios peatonais horizontais para garantir a accesibilidade ao ascensor, nas rampas para evitar escaleiras, construcción de dos aseos, división do dormitorio existente no baixo para crear dous de 8 camas cada un, reformas para acoller o dormitorio e aseo de mulleres, ademais de melloras nas instalacións de protección contra o lume e melloras reparación e pintado de falsos teitos e paredes no primeiro andar.

Durante o percorrido polas instalacións, o rexedor destacou que éste é o "único centro público de Galicia que ofrece atención global a persoas en risco de exclusión social". "Nos últimos tempos nesta cidade", dixo, "pasamos de non ter ningún punto de atención a ter un cento de de atención integral", que contará cun orzamento anual de 715.000 euros e que aglutinará servizos sociais que xa ofrecía o Concello como pisos de acollida ou o dispositivo de noche e café-calor. Nestes momentos, avanzou, a xestión deste centro está en periodo de licitación e, polo tanto, de presentación de ofertas.

Segundo o prego aprobado, estas instalacións contarán, explicou, cun albergue de 40 prazas -que abrirá todos os días do ano entre as 20,00 e as 09,00 horas-; un centro de acollida e exclusión; un comedor social -con 70 prazas todos os días do ano-; un centro de atención social continuada, aberto permanentemente; un centro de día de inclusión social, ademais dunha unidade de rúa e de hixiene. Respecto dos recursos humáns, se contratarán un coordinador, un psicólogo, traballadores sociais, educadores sociais, integradores sociais, vixiantes e persoal de limpeza.
Descargar todas as imaxes