Escoitar

O alcalde eloxia o traballo de formación da Asociación Down Vigo cara á inserción laboral

Abel Caballero acudiu este xoves ás instalacións da Asociación Down Vigo e eloxiou o traballo que realiza a entidade na "formación" das persoas con distintos grados de síndrome de down cara á inserción laboral. O Plan municipal de Emprego, indicou o alcalde, empregará a persoas procedentes da Asociación.

xoves, 19 xul 2012
1342710142down.jpg
Caballero definiu de "notable" o traballo da organización e o esforzo dos "chicos e chicas" na súa formación cara á inserción no mercado de traballo. O alcalde recordou que na Xerencia municipal de Urbanismo traballa unha persoa co síndrome na dixitalización de proxectos e, dentro do Plan municipal de Emprego, o goberno local prevé a inclusión dun traballador "perfectamente cualificado" nos coñecidos como coidadores de barrio.
Descargar todas as imaxes