O goberno local estudará ampliar os servizos de verán para persoas con mobilidade reducida
O alcalde, Abel Caballero, asistiu hoxe mércores a Samil, praia que -xunto ao Vao- ofrece o servizo municipal de cadeiras anfibias para persoas con mobilidade reducida, un proxecto do Concello que xestiona a Cruz Vermella. Ademais, o Concello preve "reforzar" este tipo de programas de cara ao próximo ano pola "gran demanda" existente.
As chamadas cadeiras anfibias permiten a quen o solicite o acceso á praia e ao baño en Samil e O Vao durante os meses de verán. Hoxe mércores, en Samil, foron os inscritos no programa municipal "Lecer de Verán" -con 31.000 euros de investimento municipal para os meses de xullo e agosto- os que fixeron uso destas.
Segundo explicou Caballero, o pasado ano foron 648 persoas as que empregaron estas cadeiras, unha cifra que podería sobrepasarse neste verán -segundo estimaron os técnicos municipais-.
Descargar todas as imaxes
Segundo explicou Caballero, o pasado ano foron 648 persoas as que empregaron estas cadeiras, unha cifra que podería sobrepasarse neste verán -segundo estimaron os técnicos municipais-.