Escoitar

Caballero reclama á Xunta que "actúe" e defenda o traballo dos 120 empregados de Grafinsa

Tras unha reunión cos representantes dos traballadores deste grupo empresarial, o alcalde esixiu á Xunta de Galicia -quen posee o 42% das accións- que cumpra cos compromisos adquiridos e pague salarios e inxecte liquidez que permita operar á empresa e salvar os empregos.

mércores, 22 ago 2012
1345638853grafinsa.jpg
Os traballadores explicaron hoxe ao alcalde que 120 persoas traballan directamente neste grupo de empresas -case 200 persoas sumando os indirectos- que precisa de 2 millóns de euros de liquidez para continuar operando cunha actividade que xera ata 200 millóns de facturación.

Caballero asegurou que a empresa é capaz de sair adiante mais precisa de liquidez e recordou que a Xunta de Galicia -poseedora do 42% das accions a través de Xes Galicia- deb cumprir coas súas obrigas de pagar e habilitar unha liña de crédito. Os sindicatos teñen unha "gran disposición" e fan un planteamento "sensato", segundo apuntou o alcalde, quen insta á Xunta a actuar e resolver esta situación.
Descargar todas as imaxes