O Concello despide a Chano Rodríguez, representante vigués nos Xogos Paralímpicos de Londres
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este mércores -xunto a Santiago Domínguez e Teresa Egerique en representación do BNG e do PP, respectivamente, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández- ao deportista Chano Rodríguez, que participará nos Xogos que comezan o 29 de agosto "sabendo que levará o nome de Vigo de forma moi notable".