María Méndez anuncia que Vigo súmase á campaña "Fai ruído" polos obxectivos de desenvolvemento do milenio

venres, 17 set 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou hoxe a campaña de sensibilización que o Concello de Vigo está desenvolvendo en apoio á iniciativa "Fai ruído polos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio", coa que se pretende reclamar aos líderes mundiais que reforcen o seu compromiso na loita contra a probreza. "Ese ten que ser un obxectivo de todos e todas e especialmente agora porque a crise afecta máis aos países en desenvolvemento", afirmou a nacionalista.

Benestar Social incrementa nun 14% a concesión de becas de libros e comedor que chegan a 2.258 solicitantes

mércores, 8 set 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou hoxe que o seu departamento concederá este ano un 14% máis de becas de libros e comedor que o curso pasado. O incremento do orzamento permitiu atender a 2.258 solicitantes, 1.724 son de axudas de comedor e 534 de libros. A nacionalista salientou que nunca antes se concederan tantas becas e precisou tamén que nos dous últimos cursos practicamente se duplicou o orzamento e o número de persoas atendidas.

Declaración institucional polo Día do Cooperante

martes, 7 set 2010

O mércores 8 de setembro celebrarase o Día do Cooperante, tal e como foi declarado en Consello de Ministros no 2006, así como a adopción da Declaración do Milenio de Nacións Unidas.<br /> O pleno do Concello de Vigo quere sumarse as dúas conmemoracións e asumir o que significa a cooperación internacional e a loita contra a pobreza, polo que fai a seguinte Declaración Institucional

María Méndez destaca o aumento de solicitudes de Risga, dependencia e emerxencia social no primeiro semestre de 2010

mércores, 11 ago 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este mércores balance do servizo de Atención Primaria municipal correspondente aos seis primeiros meses de 2010. Na súa intervención, a edil nacionalista destacou o incremento do 29% de solicitudes das Risga, o aumento do 35% as correspondentes a dependencia e a subida do 18% das axudas de emerxencia social.

Benestar Social cofinancia un proxecto para o desenvolvemento da provincia mozambicana de Maputo

mércores, 14 xul 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, participou hoxe en Santiago na presentación do proxecto que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsará en colaboración coa ONU para o desenvolvemento da provincia mozambicana de Maputo cun investimento de 62.342 euros. O Concello de Vigo cofinancia con 15.000 euros o proxecto que se levará a cabo en parcería co PNUD a través da iniciativa ART de artellamento de redes territoriais.

O Concello de Vigo da a benvida aos nenos e nenas saharauis participantes no programa "Vacacións en paz"

luns, 12 xul 2010

O alcalde, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, deron hoxe a benvida aos preto de 50 nenos e nenas saharauis que participan no programa de acollemento temporal "Vacacións en paz". Mediante esta recepción, o Concello de Vigo quixo amosar a súa solidariedade co pobo saharaui e o seu agradecemento ás familias de acollemento, coas que os menores pasarán os meses de xullo e agosto.

Santi Domínguez afirma que Afaga é o modelo especializado polo que teñen que apostar as administracións

xoves, 8 xul 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitaron este xoves o centro de día que xestiona a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaga), na que tamén participou o presidente da asociación Juan Carlos Rodríguez. Durante a visita os nacionalistas presentaron un autobús adaptado, con cuxo financiamento colaborou a Tenencia de Alcaldía. Santi Domínguez afirmou que Afaga é o modelo polo que as administracións teñen que apostar, baseado na especialización, e "claro exemplo de que o PP se equivoca cando quere privatizar os servizos sociais".