Escoitar

A Marcha Aspanaex parte este domingo "pola cidadanía plena das persoas con discapacidade intelectual"

A concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, presentou este venres xunto a responsables da Asociación da 29ª edición desta tradicional marcha, que partirá este domingo, ás 10 horas, desde o parque de Castrelos. Como novidade, o colectivo elaborou este ano o cartel e redactou e lerán o pregón.

venres, 5 out 2012
1349451221aspanaex.jpg
Como é tradicional, a Marcha Aspanaex procura a "concienciar" á cidadanía dos "dereitos" dos homes e mulleres con discapacidade intelectual, cun percorrido que parte de Castrelos e continuará por Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Príncipe, Elduayen, Pi y Margall, López Mora e Praza de América, para rematar novamente no parque.

"Pedimos a solidariedade dos veciños e veciñas" de Vigo, indicou a concelleira socialista, para "marchar" xunto á Asociación e o colectivo baixo o lema "Pola cidadanía plena das persoas con discapacidade intelectual". Nesta edición, os protagonistas serán os propios chicos e chicas da Asociación, encargados da elaboración do cartel promocional e que lerán o pregón previo á saída, tamén redactado por eles.

Os responsables de Aspanaex agradeceron o "apoio" do Concello de Vigo na celebración da tradicional marcha e solicitou a "participación dos vigueses e viguesas". A Cruz Vermella, voluntarios, Protección Civil e a Policía Local traballarán para que a xornada do domingo transcorra con normalidade.
Descargar todas as imaxes