Vigozoo acolle desde mañá as primeiras actividades infantís da tempada 2012-2013<br />
Vigozoo conta con nova programación de actividades educativas para a vindeira tempada 2012-2013 na que se incorporan como novidade para os mais pequenos o Club de Amigos e Amigas de Vigozoo, cunha programación estable para todo o ano, e para os adultos, a Aula de formación medioambiental, dirixida tanto ao Voluntariado de Camiño a Camiño como a cidadanía en xeral.<br />
A Concellería de Medio Ambiente ven de dar un novo impulso a Vigozoo coa posta en marcha dunha programación estable durante todo o ano para todos os públicos. As distintas actividades que xa funcionaban, súmanse agora as seguintes posiblidades:
Oferta a centros educativos e colectivos sociais, que se cursará a principios de outubro e que consistirá en:
VISITAS GUIADAS: dirixido tanto a centros educativos como a colectivos sociais, consiste nun percorrido coa orientación dun especialista durante 1-1,5 horas en horario de mañán calquera día do ano. Custe: 1,90 euros, estando exentos os centros educativos de Vigo.
AULA NO ZOO: xornada de día completo chea de actividades dentro do zoo, dirixida a pequenos grupos de escolares xunto ao seu mestre, ademáis de outros colectivos específicos. Deseñada como un complemento ás actividades de aula, conta cun maior número de contidos e recursos educativos. Custe: 4,8€ sen comida e 11,3€ con comida.
VIGOZOO NA ESCOLA: Sesións realizadas nas propias aulas dos centros escolares que permiten presentar o zoo e motivar a visita ao mesmo. Gratuíto previa reserva.
Oferta a público infantil: "Club de amigos e amigas de Vigozoo". Trátase de pór a disposición dos rapaces entre 6 e 12 anos un espazo de ocio educativo que lles permita combinar os xogos e a relación cun entorno de educación medioambiental.
Vista a experiencia satisfactoria desta última tempada, o seguinte paso é crear un "CLUB" que oferte unha programación estable trimestral durante todo o curso e que no verán permita disfroitar do espazo do zoo como un verdadeiro campamento. Previsiblemente durante esta tempada estean realizadas obras que melloren as condicións de estadía no parque, tanto para realizar actividades lúdicas sen xerar molestias aos animais e aos visitantes, como para poder pernoctar no propio parque.
Como novidade, a todos os participantes proporcionaráselle o carné do "Club", o que axilizará os procesos de inscrición e permitirálles un aforro importante no caso de inscribirse co bono trimestral (25 euros).
A modo de exemplo, a programación de outubro-decembro 2012 consistirá en:
1. ACTIVIDADES DOS SÁBADOS (6, 20 E 27 OUTUBRO; 3, 10 E 24 NOVEMBRO)
Horario: 16:30 -19:30
Lugar: Vigozoo
Grupo: ata 50 rapaces e rapazas en idades comprendidas entre 6 e 12 anos
Inscrición e autorización paterna: en Vigozoo o día da actividade. Prezo por día: 3 euros. Ver prezo de bono trimestral.
Actividades: actividades de educación ambiental, xogos de aventura e actividades lúdicas
2. EXCURSIÓN ÁS GÁNDARAS DE BUDIÑO (17 NOVEMBRO)
Horario: 16:00 -20:30
Lugar: saída e recollida en Vigozoo

Inscrición e autorización paterna: en Vigozoo o día da actividade. Prezo: 5 euros. Ver prezo de bono trimestral.
Actividades: ruta e observación de aves nunha zona húmida singular,
3. NOITES NO ZOO: QUEDADAS DE FIN DE SEMANA (13-14 OUTUBRO; 1-2 DECEMBRO)
Horario: entrada do primeiro día as 16:30; saída do segundo día as 13:00

Inscrición e autorización paterna: en Vigozoo entre o 6 e o 10 de outubro e entre o 24 e o 28 de novembro. Prezo por quedada: 10 euros, incluído cea e almorzo. Ver prezo de bono trimestral.

13-14 outubro: observación do comportamento nocturno dos animais de Vigozoo, xogos nocturnos
1-2 decembro: observación de estrelas, xogos nocturnos
Requerimentos: saco de durmir, muda e útiles de aseo.
Aula de formación medioambiental. As magníficas instalacións do parque van servir como sede permanente de formación do voluntariado de Camiño a Camiño, así como para potenciar formación específicas en distintas temáticas medioambientais. Nesta tempada o tema que se abordará será as hortas urbanas, aproveitando o viveiro dispoñible e a horta-escola habilitada para a ocasión.
A programación prevista para outubro-decembro 2012 consiste en:
Iniciación ao voluntariado ambiental. 27 outubro e 24 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas. 90 Prazas. Gratuíto.
Curso específico de voluntariado en Vigozoo. 3 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas. 30 Prazas. Gratuíto.
Curso básico de hortas urbanas. 27 outubro, 3 e 10 de Novembro , de 10:00 a 14:00 horas. 50 Prazas. 5 euros
PROCESO DE INSCRICIÓN.
Toda a información de Vigozoo estará dispoñible no teléfono 986267783-84 e na web www.vigozoo.com.
O proceso de inscrición nas actividades terá lugar no momento da mesma, coa correspondente autorización por parte dos pais ou titores no caso de ser menores de idade. Terán prioridade os cidadáns empadroados en Vigo.