Escoitar

Curso de auga salgada

Organizado polo Centro Cultural Rueiro e a Concellería de Normalización Lingüística .O curso da auga é unha oferta para achegar/descubrir á sociedade viguesa, a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionados coa auga, as embarcacións tradicionais, as lendas...

venres, 5 out 2012
Ten unha duración de 20 horas, máis unha saída a un areal de Vigo

Impartirase nos meses de novembro e decembro de 2012, os días 19, 21, 23, 26, 28 de novembro e 3, 5, 10, 12 e 14 de decembro. O curso é gratuíto

Horario do curso: de 18:30 h a 20:30 h

Lugar: nos locais do Centro Cultural Artístico e Recreativo "Rueiro" situados no complexo parroquial Cristo da Victoria, rúa Baiona, número 9 baixos-Coia

Inscrición: as persoas interesadas poden inscribirse na secretaría do CC Rueiro, os mércores de 18:00 h a 20:00 h ata o 7 de novembro (inclusive)