O goberno local rubrica convenios por 100.000 euros para a xeración de emprego
O alcalde, Abel Caballero, informou este venres da decisión adoptada pola Xunta de Goberno Local de aprobar sendos convenios con cinco entidades por un valor superior aos 100.000 euros, dentro do desenvolvemento do Plan de Emprego Municipal, que ascende aos 7,5 millóns.
A Xunta de Goberno Local adoptou na sesión ordinaria deste venres "importantes decisións" en materia de "xeración de emprego", segundo informou o alcalde, Abel Caballero.
O goberno de Vigo deu luz verde a sendos convenios coa Asociación Cultural e Veciñal Casco Vello, por valor de 20.000 euros; coa AVCD de Lavadores, por 28.710 euros; coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo, por 5.400 euros; coa Asociación de Mulleres Progresistas, por 26.080 euros; e coa Asociación de Veciños do Calvario, por 20.000 euros.
En total, máis de 100.000 euros que forman parte do "proces de conveniar o desenvolvemento do plan de emprego" municipal, dotado con 7,5 millóns de euros. Caballero recordou que os orzamentos do Concello inclúen 17 millóns de euros para investimentos.