O Concello facilitará ao Banco de Alimentos unha nave para que poida seguir repartindo 3,5 toneladas de comida diarias

mércores, 9 mai 2012

O alcalde de Vigo asumiu esta mañá de mércores o compromiso de facilitar ao Banco de Alimentos unha nave para facilitar o reparto de 3,5 toneladas diarias de comida, tal e como está a facer. Loubou a "importante" labor que realizan cos comedores sociais nesta época de crise en Vigo e a súa área de influencia e destacou que unha vez máis o Concello se fai cargo dunha tarefa da que non se responsabiliza ningunha otra administración.