venres, 23 dec 2016
Ven sendo habitual durante o Nadal a celebración de festas de Fin de Ano e Reis en locais de ocio. Consonte a normativa vixente, ningún local pode ofrecer espectáculos ou actividades recreativas sen estar provisto da preceptiva licenza municipal de actividade/apertura. Asemade, ningún local pode ofrecer espectáculos ou actividades recreativas distintos dos que figuren autorizados na devandita licenza municipal.
luns, 31 out 2016
A Concellería de Comercio formalizará contratos de patrocinio co sector privado para a iluminación do Nadal. Serán patrocinables elementos de gran porte decorativos con temática navideña e que estean nos seguientes emprazamentos:
venres, 28 out 2016
Informase a tódolos usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da festividade de Tódolos Santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrompidamente dende as 9,00 ata as 18,30 horas, os días 30 e 31 de outubro e l e 2 de novembro.
venres, 28 out 2016
A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan as xornadas formativas:"Unidas contra as Violencias Machistas" que terán lugar en Vigo os días 4 e 5 de novembro.
venres, 21 out 2016
Axudas para a realización de actuacións privadas que tendan á reurbanización das prazas ou espazos cualificados como privados de uso público, e que os particulares teñan o deber de conservación e mantemento dos mesmos. Se considerará reurbanización, aos efectos destas bases, a segunda ou posteriores urbanizacións ou melloras da urbanización existente.
venres, 21 out 2016
O Concello organiza a próxima semana visitas guiadas ao Cemiterio de Pereiró co fín de dar a coñecer a arte funeraria e a historia de Vigo, actividade que forma parte do Programa municipal de turismo cultural.
venres, 14 out 2016
A Concellería de Xuventude presenta a programación xuvenil de outubro a decembro destinados á mocidade de entre 13 a 35 anos de idade.