O alcalde recibe ao novo Capitán da Garda Civil de Vigo

martes, 13 dec 2022

Abel Caballero mantivo un encontro este martes en Alcaldía con Rafael Antonio Pereira López, o novo Capitán da Garda Civil de Vigo, “un home novo, cheo de ideas”, sinalou, e con que abordou a importancia do labor que desenvolve o Corpo , o seu papel nun territorio como Vigo e a súa contorna, marcados pola fronteira con Portugal.

O alcalde reúnese coa ministra conselleira do Reino Unido en España

luns, 5 dec 2022

Abel Caballero e Sarah Cowley, ministra da embaixada do Reino Unido en España, abordaron a relación comercial entre Vigo e o Reino Unido nun encontro celebrado este luns no Concello. No mesmo, participou Richard Davies, Comandante do buque Argus da Armada británica que está atracado na cidade. Davies entregou ao Concello unha metopa e unha fotografía do barco, que afronta a súa última viaxe, e que, entre outras accións, será lembrado por rescatar hai 24 anos a 10 mariñeiros náufragos galegos na zona do Cabo San Vicente. Algúns eran de Vigo.