Caballero escoita as reclamacións de SOS Sanidade Pública

martes, 17 xan 2023

A plataforma en defensa da sanidade pública sairá ás rúas o 12 de febreiro. O alcalde recibiu a un dos coordinadores para escoitar as súas reivindicacións, que concordan coa idea de alcalde sobre o que está a acontecer na sanidade pública viguesa: situación complexa na Atención Primaria e largas listas hospitalarias. Expresou Caballero en rolda de prensa que "a sanidade está a pasar un mal momento e criticou os recortes económicos na área de Vigo".

O alcalde visita as instalacións de Paz Rodríguez en Valadares

xoves, 12 xan 2023

Abel Caballero, xunto a Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e David Regades, delegado do Estado na Zona Franca, coñeceron este xoves o traballo da empresa Paz Rodríguez, acompañados polo xerente e o director da marca de téxtil infantil con fabricación en España. O rexedor puxo en valor a súa presenza en Harrods “un dos centros comerciais máis importantes do mundo” e trasladoulles o “orgullo” porque a empresa estea asentada en Vigo, no PTL de Valladares.

Abel Caballero visita unha empresa de colchóns con 105 anos de historia

luns, 9 xan 2023

O alcalde visitou esta mañá "Colchones Marco", unha empresa da cidade con 105 anos de historia. Caballero constatou a súa evolución cunha visita polas instalacións para coñecer o cambio na tecnoloxía para a mellora do produto. "Son enormes produtores cunha gran capacidade produtiva, facendo colchóns e pezas de calidade", declarou en rolda de prensa. Na empresa traballan 15 persoas que producen 100 colchóns ao día.