O proxecto de Zona de Baixas Emisións da cidade é admitido pola secretaría xeral de Transportes e Mobilidade

xoves, 26 xan 2023

O alcalde deu conta que o BOE publicou a relación provisional de solicitudes recibidas para a implantación de Zonas de Baixas Emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano de mobilidade. Caballero resinou que “non comparto o criterio europeo de descargar o custo das Zonas de Baixas Emisións sobre os vehículos máis antigos. Tense que facer co apoio para que os donos/as poidan cambialos”

O alcalde, satisfeito, polo compromiso do Goberno de España coa moi alta tensión para Vigo

martes, 24 xan 2023

Abel Caballero manifestou que "é unha gran noticia para a cidade e que Vigo segue avanzando". O alcalde defendeu este luns no Círculo de Empresarios que Vigo tería a subestación coa moi alta tensión e así o confirmou este martes a vicepresidenta terceira e ministra para la Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, tras o Consello de Ministros. Caballero xa solicitara en 2015 esta cuestión, de gran importancia para o tecido industrial da cidade, ao Goberno de Mariano Rajoy, que fixo caso omiso. Precisamente, hoxe en rolda de prensa, o rexedor criticou o silencio de Rueda e Feijóo nese momento.

Caballero saúda a estudantes de intercambio do colexio Carmelitas de Vigo

luns, 23 xan 2023

O rexedor mantivo un encontro este luns con grupo estudantes italianos da cidade de Sassuolo, en Módena, do prestixioso instituto ITCG Alberto Baggi, que se atopan na cidade convivindo con alumnado do colexio Mª Inmaculada Carmelitas en Pi y Margall. A visita enmárcase no programa Erasmus e que se desenvolve baixo o título "Sensibilidade, multicultural e crecemento profesional: obxectivos desafiantes". O alcalde animounos a pasear pola cidade e coñecer tódalas posibilidades que existen.

Vigo acada os 300.809 habitantes e “segue crecendo”

mércores, 18 xan 2023

“Superamos a barreira dos 300.000 habitantes” apuntou o alcalde este mércores ao achegar o dato actualizado do Padrón municipal que, segundo avanzou, “segue medrando. Estamos tendo un reforzo moi importante de xente que se empadroa, superando amplamente os 300.000 habitantes”. Sobre as causas que explican este incremento poboacional, Caballero apuntou que “Vigo é unha cidade marabillosa na que a economía tira, cunha altísima calidade de vida” e malia que a pandemia debilitou a poboación de tódalas cidades “está habendo unha recuperación importante. Somos unha cidade de atracción”.