Vigo é a primeira cidade á que chegan os Reis Magos este 5 de xaneiro

xoves, 5 xan 2023

A cabalgata estática na avenida de Castelao recibiu a miles de nenas e nenos que esperaban a chegada das súas Maxestades. Ás 17:30 horas comezará a cabalgata tradicional con saída desde praza América e rematará coa entrega de chaves por parte do alcalde aos Reis Magos. Abel Caballero pediu a Melchor, Gaspar e Baltasar “seguir a esta velocidade de avance e progreso na cidade e que a cidadanía sexa feliz en Vigo”.

Abel Caballero: “Vigo está no mellor momento da súa historia”

xoves, 29 dec 2022

O alcalde fixo balance do ano 2022 no que destacou o investimento de 218 millóns de euros en 229 obras para continuar coa “transformación da cidade” “Puxemos a Vigo no mapa e damos pasos nesa dirección”. Caballero tamén subliñou a importancia de ter institucións colaboradoras como o Goberno de España, a Deputación de Pontevedra e a Zona Franca.

O Concello ondeará as bandeiras a media asta tres días en memoria das vítimas do bus accidentado no Lérez

martes, 27 dec 2022

O alcalde decretou durante que durante 3 días as bandeiras da cidade estean a medio mastro. Dos das persoas falecidas no accidente do autobús que caeu o río Lérez tiñan relación con Vigo, unha nacida na cidade e a outra residente durante unha tempada. "Poñémolas por elas, na súa honra e honor, e tamén por todas as persoas que faleceron no accidente tráxico e dramático. Queremos honrar a súa memoria", expresou o Abel Caballero.

O alcalde recibe a Noela Avendaño, nova funcionaria municipal

venres, 23 dec 2022

Abel Caballero saudou este venres a Noela Avendaño Paredes quen vén de acadar a súa praza de funcionaria na Xerencia Municipal de Urbanismo, logo de máis dunha década de traballo na entidade dependente do Concello. No acto de sinatura da súa praza, estivo acompañada pola súa familia e por representantes de Down Vigo que promove a plena integración das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

O alcalde felicita o Nadal ao persoal do Concello

xoves, 22 dec 2022

Abel Caballero saudou este xoves ás traballadoras e traballadores municipais nun acto celebrado na lonxa do Concello no que lles trasladou o agradecemento polo labor que desenvolven ao servizo da cidade e no que recoñeceu o seu esforzo e capacidade para afrontar momentos difíciles como os vividos durante a pandemia da Covid.