Escoitar

O goberno municipal licita a humanización de Serafín Avendaño por 1,7 millóns

O alcalde avanzou o acordo aprobado hoxe pola Xunta Local de Goberno para licitar as obras da humanización da rúa Serafín Avendaño, entre a Avenida de García Barbón e o acceso ao ascensor HALO, por 1.765.000 euros.

venres, 16 mai 2025

Abel Caballero sinalou este venres que o proxecto de humanización da rúa Serafín Avendaño contempla a construción dunha nova rampla mecánica, cunha lonxitude de 30 metros, e que a pavimentación será en plataforma única. O proxecto tamén inclúe nova iluminación led, renovación de semáforos e balizas luminosas no chan; renovación das redes de saneamento e abastecemento e novo mobiliario urbano.

O alcalde incidiu que o novo proxecto é “unha forma de facer o principio do corredor que vai desde a zona do Areal, Rosalía de Castro, García Barbón, onde arranca a rampla e conecta co HALO, e enlaza con Escultor Gregorio Fernández, a nova rampla en San Salvador para achegarse ata o ascensor que sube ata Pizarro e alí coller o ascensor ou a escaleira mecánica ata o Barrio de Ribadavia. “Un novo corredor macánico para ir desde o mar ata o Barrio de Ribadavia”, afirmou.

 

Descargar todas as imaxes