martes, 13 maio 2025

O alcalde urxe á RFEF que responda con celeridade aos requirimentos sobre a elección das sedes do Mundial

Caballero insistiu en que “non se poden dilatar os prazos” e que “seguirá demandando incansablemente” os datos do proceso para a elección das sedes do Mundial de Fútbol 2030. Sobre a xuntanza, trasladou que a propia Federación asegurou descoñecer correos electrónicos, como o enviado ao Concello anunciando a exclusión da cidade por “obter os resultados máis baixos na valoración da estrutura financeira”.

O alcalde saúda aos participantes na Asemblea Anual Nacional do Taxi

martes, 13 mai 2025

O alcalde saudou este martes ás persoas participantes na Asemblea Anual da Asociación Nacional do Taxi, que se celebra no Verbum, asegurando aos profesionais que el é un "defensor" do sector polo "magnífico servizo, a calidade e a seguridade" que proporcionan aos usuarios. "Creo na competencia pero creo que o taxi ten a tradición e a capacidade de facer o servizo", afirmou ante taxistas de toda España. Caballero felicitou aos profesionais polo traballo que desenvolven e pola súa proxección na economía.

O estudantado do Colexio San José da Guía percorre as dependencias municipais no programa "Visita o teu Concello"

martes, 13 mai 2025

Abel Caballero explicou este martes aos 23 alumnos de sexto de Educación Primaria do Colexio San José da Guía, que participan no programa didáctico "Visita ou teu Concello", a intenso traballo que desenvolve todos os días a administración municipal para atender ás necesidades da cidadanía e facilitarlles servizos de calidade en todos os ámbitos da actividade, desde o subministración da auga, ao transporte público e á educación. O estudantado percorreu as principais dependencias municipais, entre as que destacan a sala de control do tráfico.