Escoitar

The Black Keys chegará a Castrelos o 21 de xullo

Abel Caballero anunciou hoxe un novo concerto do cartel do “Vigo en Festas 2025”: unha “banda fantástica”.

venres, 16 mai 2025

A banda de rock estadounidense The Black Keys subiranse ao escenario de Castrelos o 21 de xullo, sendo a duodécima confirmación dos concertos deste verán. A banda formouse en 2001 e esta composta por Dan Auerbach (voz e guitarra) e Patrick Carney (batería).

O dúo comezou de forma independente, gravando música en sotos e producindo os seus propios álbums, antes de emerxer como unha das bandas máis populares de “garage rock” na década de 2010. Contan con 8,7 millóns de oíntes mensuais en Spotify.

En 2013, a banda de rock británica alzouse como a gran triunfadora da 55 edición dos Grammy co seu álbum “El Camino”, logrando 4 gramófonos dourados ao mellor disco, canción, actuación rock e ao mellor produtor. Xa no 2010 obtiveron 3 Grammy polo seu álbum "Brothers”.

Neste mesmo ano acaban de lanzar o seu single “A miña Tormenta” xunto ao emerxente artista latino Danny Lux, sendo a primeira canción na que o grupo canta en español. Esta canción pertence ao seu novo álbum “Ohio Players”, co que inician a xira deste verán, que os traerá a Vigo.

Así queda a programación de verán en Castrelos:

  • Ana Belén – 12 de xullo
  • Gente de Zona – 17 de xullo
  • Trueno – 18 de xullo
  • The Black Keys – 21 de xullo
  • Rozalén – 24 de xullo
  • Coral Casablanca – 26 de xullo
  • Vanesa Martín – 31 de xullo
  • Ópera La Traviata – 1 de agosto
  • Jason Derulo – 3 de agosto
  • Ópera Turandot – 9 de agosto
  • UB feat. Ali Campbell – 15 de agosto
  • India Martínez – 16 de agosto
Descargar todas as imaxes