O alcalde di que Vigo ten "poderosas razóns" para figurar na rede europea de portos centrais e pedirá a revisión dos criterios

luns, 24 out 2011

Abel Caballero asegurou este luns que solicitará á Comisión Europea que matice a súa clasificación de portos e incorpore os tráficos de mercancía xeral no seu criterio. O alcalde recordou que o Porto de Vigo move 4 millóns de toneladas ao ano, dos que 3,4 millóns son mercancía xeral, polo millón de A Coruña e Xixón, que si foron considerados terminais nodais. No tocante á clasificación europea, "os criterios non son o suficientemente explícitos", polo que o alcalde confía en incorporar Vigo á rede portuaria central europea.

Abel Caballero asegura que Medioambiente xa iniciou o proxecto técnico do trasvase de auga desde o Verdugo

xoves, 20 out 2011

O alcalde vigués desvelou que o Goberno de España -a través de Acuanorte- xa ten 200.000 euros asignados á elaboración do proxecto técnico do trasvase da parte alta do río Verdugo ata o encoro de Eiras, para o que asinarase un convenio en dúas semanas. Por outra banda, Medioambiente tamén adica 200.000 euros para redactar o proxecto técnico da ampliación da ETAP do Casal.

Caballero anuncia o acordo co Ministerio de Medioambiente para resolver o abastecemento de auga "para os próximos 50 anos"

mércores, 19 out 2011

Tras varias conversas co Secretario de Estado e co Presidente de Acuanorte, o alcalde de Vigo desvelou este mércores o acordo polo que o Ministerio iniciará a redacción do convenio para construir a gran condución de auga desde o río Verdugo ata o encoro de Eiras. Ademais, Medioambiente tamén acometerá a ampliación da ETAP do Casal. O investimento total na cidade rondará os 40 millóns de euros, que quedarán conveniados "con toda probabilidade" a próxima semana.

O alcalde eloxia a creación de Fundamar como forma de avanzar desde a cooperación

martes, 18 out 2011

Abel Caballero participou na mañá deste martes na constitución de Fundamar, a Fundación para a Pesca e o Marisqueo composta pola maioría da representación socioeconómica do sector en Galicia. O alcalde vigués apoiou esta idea "brillante" e defendeu seguir traballando pola pesca sostible e o empleo na mar, ademais de profundizar na prevención e na seguridade, "en suma, polo progreso sostible".

Caballero sinala que a cancelación do aluguer do edificio Asefal supuxo un aforro de 250.000 euros por ano

martes, 11 out 2011

O alcalde de Vigo defendeu hoxe martes a cancelación do contrato de aluguer do edificio Asefal porque supuxo un aforro de 250.000 euros por ano. Caballero calificou que "escándalo" o prezo acordado pola súa antecesora no cargo e adiantou que as entidades vencelladas ao Concello que alí operaban -FAIMEVI e a Fundación Carlos Casares- son realoxadas nas dependencias municipais de Areal.

O rexedor entrevistouse cos organizadores do 23º Congreso Nacional de Libreiros, que reunirá en Vigo a unhas 250 persoas

luns, 10 out 2011

O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión co comité organizador deste Congreso, que celebrarase en Vigo no mes de marzo de 2013. A cidade acollerá por tanto o foro no que os profesionais farán balance da situación das librerías e do sector do libro. A organización prevé reunir na cidade olívica a unhas 250 persoas durante catro días.

O alcalde anunciou o investimento de 4,5 millóns para humanizar Brasil, Ramón Nieto e Pintor Colmeiro

venres, 7 out 2011

A Xunta de Goberno deu luz verde aos proxectos de humanización das rúas Brasil, fase II de Ramón Nieto e Pintor Colmeiro cun investimento de 4,5 millóns de euros. Estas obras enmárcanse dentro do plan de reformas de rúas que o alcalde anunciou en setembro, cun orzamento total de 16 millóns de euros e que inclúe tamén as rúas Aragón, Nicaragua, Juan Ramón Jiménez, Martínez Garrido, Doutor Marañón e Menéndez Pelayo. Todas serán licitadas este ano.