Escoitar

Abel Caballero facilitará un local municipal para as actividades do movemento 15-M

O rexedor municipal comprometeuse hoxe martes a facilitar un local municipal para o movimento 15M. Logo de manter un encontro con membros do colectivo, aos que amosou "a súa simpatía", Caballero avanzou a colaboración municipal para os indignados poidan desenvolver as súas actividades.

martes, 18 out 2011
1318943481quince.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe martes que a Concellería de Participación Cidadá será a encargada de buscar un local para que o 15M poida desenvolver as súas actividades. O rexedor, que esta mañá mantivo un encontro con membros do colectivo, explicou que, segundo lle transmitiron, unha vez que se levantaron os campamentos, os indignados buscan outros sistemas alternativos e o Concello vai cooperar facilitandolles un local no que poidan desenvolver as súas actividades. O requisito, segundo indicou, é que se conformen en entidade con personalidade xurídica, tal e como marca a lei.

Caballero amosou "a súa simpatía" polo 15M, xa que "teñen moitas ideas que comparto", referíndose á maior proximidade dos partidos, as listas abertas ou o establecemento de novas pautas para saír da crise.
Descargar todas as imaxes