O alcalde eloxia a creación de Fundamar como forma de avanzar desde a cooperación
Abel Caballero participou na mañá deste martes na constitución de Fundamar, a Fundación para a Pesca e o Marisqueo composta pola maioría da representación socioeconómica do sector en Galicia. O alcalde vigués apoiou esta idea "brillante" e defendeu seguir traballando pola pesca sostible e o empleo na mar, ademais de profundizar na prevención e na seguridade, "en suma, polo progreso sostible".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou este martes a creación de Fundamar, a Fundación para a Pesca e o Marisqueo de Galicia, como a forma de avanzar desde a cooperación.
Caballero definiu de "brillante e imprescindible" a constitución de entidades como Fundamar para o crecemento do sector, e avogou por seguir traballando en conxunto pola pesca sostible, polo emprego na mar, pola prevención de riscos laborais e a seguridade, "en suma, polo progreso sostible".
Fundamar está composta pola patronal, Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, ARVI e os sindicatos UGT e CCOO. Entre os seus obxectivos está instrumentalizar un gran acordo social contra a siniestralidade laboral no sector, converterse en plataforma de entendemento entre administracións e adminitrados e actuar como elemento dinamizador do desenvolvemento marítimo.
A Fundación é pioneira a nivel estatal e presenta coma sinais de identidade a innovación, o traballo en equipo, a sostibilidade e a seguridade e o emprego como fiestras de benestar social.