Escoitar

O Concello ofrece o seu apoio á nova diretiva da Fundación Premios da Crítica de Galicia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha entrevista coa nova direción da Fundación Premios da Crítica de Galicia, "un dos máis prestixiosos" certames culturais galegos. Os responsables, de procedencia viguesa, recibiron a felicitación do rexedor, quen apuntou que lles ofreceu todo o apoio do goberno de Vigo á súa función.

martes, 18 out 2011
1318943405ledo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu hoxe martes o respaldo do gober de Vigo á nova directiva da Fundación Premios da Crítica de Galicia, presidida por Bieito Ledo.

Trátase para Caballero dun "gran premio" que fallarase este ano en Vigo, "un dos máis prestixiosos" certames culturais de Galicia. O alcalde felicitou á nova dirección, toda viguesa, que apoia o desenvolvemento cultural da cidade e de Galicia e púxose á disposición destes para apoiar a súa actividade.
Descargar todas as imaxes