Alcaldía
Cinco millóns de cupóns da ONCE levarán a imaxe do Bicentenario por toda España
venres, 22 out 2010O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director da ONCE na cidade, Arturo Parrado e a presidenta do Consello Territorial da ONCE de Galicia, Dolores Venancio, presentaron hoxe venres o cupón conmemorativo do Bicentenario da cidade cuio sorteo realizarase o 27 de outubro. Preto de 22.000 axentes vendedores comercializarán un billete que percorrerá o país.
O alcalde anuncia unha reordenación do tráfico no entorno do Concello
venres, 22 out 2010Abel Caballero avanzou que os técnicos estudan desde hai tempo unha reforma da circulación no ámbito do Concello para mellorar o tráfico e a seguridade viaria así coma para acadar un aceso ao Concello "ben deseñado". A partires do luns 25 de outubro anunciou Caballero que a rúa Cachamuíña recuperará o dobre sentido de circulación e xa o martes 26 establecerase sentido único descendente no Paseo de Granada, no treito entre Camelias e Praza do Rei.
Abel Caballero pídelle a Vulcano un plan de viabilidade para defendelo ante o Ministerio de Industria
venres, 22 out 2010O alcalde de Vigo reuniuse na tarde de onte co comité de empresa do estaleiro vigués de Vulcano e asegurou que nestes momentos "difíciles" os traballadores poden contar co seu "apoio incondicional". O rexedor apuntou trala reunión que é necesario que Vulcano mateña a súa actividade e en consecuencia os empregos que xera.
A Xunta de Goberno Local aproba inicialmente o acondicionamento das instalacións deportivas da ETEA
venres, 22 out 2010Segundo os datos ofrecidos polo alcalde, Abel Caballero, a inversión no pavillón deportivo da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada, ascende a 850.000 euros. A Xunta de goberno tamén deu luz verde a unha batería de novas inversións na cidade coma a aprobación inicial da humanización da Avenida de Galicia ou o soterramento de liñas eléctricas en varias rúas da cidade por un importe próximo ao millón de euros.
O rexedor recibe a profesores participantes no programa Vínfora
venres, 22 out 2010Abel Caballero recibiu onte xoves a varios profesores participantes no programa Vínfora acompañados pola concelleira de Educación Laura López Atrio. O programa inclúese no marco da colaboración e posta en marcha de proxectos, entre o Servizo de Educación da Concellería de Educación do Concello de Vigo e Espazo Ensina S. L.<br />
Abel Caballero participa na presentación dunha retrospectiva de Virxilio Viéitez que exhibirá o MARCO ata abril do vindeiro ano
venres, 22 out 2010Cando se cumpren dous anos do pasamento do fotógrafo Virxilio Viéitez (Soutelo de Montes 1930-2008) o MARCO acolle unha retrospectiva da súa obra realizada en coproducción coa Fundación Telefónica. O alcalde participou na mañá deste venres na presentación dunha obra que poderá ser visitada ata o 24 de abril do vindeiro ano.
O rexedor avanza que os veciños do Casco Vello disporán de 30 prazas no aparcamento da Porta do Sol a prezos "moi especiais"
venres, 22 out 2010Segundo adiantou o alcalde, Abel Caballero, os residentes do barrio histórico vigués contarán con estas 30 prazas para dar resposta as demandas dos veciños do casco vello. O alcalde mantivo nesta tarde de venres unha xuntanza cunha representación da Asociación de Veciños para comunicarlle a nova e as condicións, entre elas que os prezos serán "moi especiais"
Caballero presenta o billete da Lotería Nacional conmemorativo do Bicentenario da Cidade
xoves, 21 out 2010O alcalde de Vigo anunciou hoxe xoves que, dentro das accións programadas para a celebración do Bicentenario da Cidade, a Lotería Nacional realizará un sorteo o próximo xoves, 28 de outubro, cun billete especial pola efeméride viguesa. Este acto súmase ás actividades xa presentadas con Correos, como son o selo, o rodillo e o cuño do Bicentenario
Unha nova máquina de diagnose do estado das árbores indica que o olivo do Paseo de Alfonso ten 193 anos
xoves, 21 out 2010O alcalde, Abel Caballero, asistiu hoxe xoves á posta en marcha por primeira vez na cidade de Picus, un tomógrafo sónico que diagnostica a saúde das árbores mediante ondas e sensores electrónicos. O olivo do Paseo de Alfonso, presente no escudo da cidade", ten 193 anos e presenta un "estado correcto para a súa idade", apuntou o primeiro edil.