Proposta de nomeamento de Vigueses Distinguidos 2007

venres, 16 mar 2007

Achegamos a relación das persoas, asociacións ou institucións da cidade que a alcaldesa de Vigo propón por decreto para ser destinatarios do galardón Vigueses Distinguidos 2007. Unha relación da que se dará conta na Xunta de Goberno Local que se celebrará o vindeiro luns, 19 de marzo.

O plan de actuacion do Casco Vello contempla vivendas para xente moza

martes, 28 nov 2006

O Consorcio para a rehabilitación do Casco Vello aprobou o Plan de Actuación que prevé programas de vivenda, urbanización, dotacións, comercio, acción social e turismo. Así acordouse na reunión que mantivo esta mañá o Consorcio e que presidiu a alcaldesa, Corina Porro e a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas.

Programa de actividades do Nadal 2006-2007

venres, 24 nov 2006

Este ano, o Goberno local incrementa a programación de actividades para as datas de Nadal cun completo programa para todos os públicos, aínda que a maioría están centradas para os máis cativos. A alcaldesa presentou hoxe a programación coa que se pretende que Vigo convértase nunha cidade que invite ao paseo e ás compras, un referente na iluminación do nadal en toda España, na cultura, en concertos e exposicións e en actividades de lecer.