xoves, 25 nov 2010
O alcalde de Vigo decretou este xoves a "paralización inmediata" e valado dos traballos de humanización en marcha na rúa Celso Emilio Ferreiro onde atópanse novos vestixios arqueolóxicos. Ante a relevancia dos restos descubertos nos últimos días, Caballero anunciou que encargará un proxecto para revalorizar este achado e a humanización continuará onde non afecte ao novo "patrimonio histórico e cultural" vigués.
martes, 23 nov 2010
Abel Caballero iniciou este martes os contactos con colectivos da cidade para pulsar a súa opinión sobre o reparto das subvencións a rutas aéreas nos tres aeroportos galegos. O rexedor asegurou que as seis conexións sufragadas a Lavacolla achegarían 266.000 viaxeiros polos 21.000 das dúas de Peinador. Caballero resaltou que empresarios, veciños e hosteleiros comparten a súa "inmensa preocupación" por un reparto "desequilibrado".
martes, 23 nov 2010
En rolda de prensa tras a Xunta de Goberno Local, o alcalde vigués avanzou que o Concello comezará mañá mércores cos traballos de remodelación da piscina e do pavillón deportivo da ETEA, en Teis, e coa rehabilitación dun "edificio simbólico e histórico na cidade", o Garavilla. O Concello realizará un investimento de 1,2 millóns de euros nestas dúas reformas emblemáticas para o barrio de Teis.
venres, 19 nov 2010
O alcalde de Vigo, en representación dos tres grupos políticos municipais, ofreceu hoxe venres un recoñecemento a todas as entidades e institucións promotoras da Excelencia Internacional obtida polo Campus do Mar vigués, un acto do que foron partícipes o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o secretario xeral de Universidades do Ministerio de Educación, Marius Rubiralta.
venres, 19 nov 2010
O alcalde avanza que os 7,5 millóns de euros que lle corresponden á cidade en 2011 dos fondos estatais adicaranse a bolsas de comedor, á política social e educativa e a mellorar a calidade de vida dos vigueses. Tanto Gaspar Zarrías coma Abel Caballero felicitaron ao tenente de alcalde polo traballo levado adiante nun pavillón que ten capacidade para 1500 espectadores, dos case que 400 son en grada móbil.
xoves, 18 nov 2010
Abel Caballero asegurou este xoves que iniciará co Comité Permanente de ProVigo -o próximo martes- unha rolda de contactos coas "forzas sociais e económicas" da cidade para estudar o "enfoque" que adopta Vigo ante a "grave situación" das conexión aéreas do aeroporto. O alcalde afirmou que este é un "problema cidade" polo que buscará a opinión de todos para tomar decisións ante o "agravio" da Xunta de Galicia a Vigo, que propón seis voos para Santiago e dous para a cidade olívica.
mércores, 17 nov 2010
Abel Caballero visitou este mércores o Centro Tecnolóxico Gradiant, na Facultade de Telecomunicacións viguesa, para coñecer o seu proxecto "moi avanzado" vencellado ao coche eléctrico e as demostracións realizadas a alumnos de distintos colexios de Vigo sobre sistemas de información vía Google Earth. O rexedor eloxiou a capacidade investigadora viguesa no campo das telecomunicacións e avogou pola "difusión" da capacidade viguesa no I+D+i.
O Pazo Os Escudos acolleu ademais unha xornada sobre o vehículo eléctrico
mércores, 17 nov 2010
O alcalde e presidente da Rede, Abel Caballero, subliñou a "consistente" participación rexistrada, a máis elevada das celebradas ata o momento. O Concello de Vigo presentou as súas liñas estratéxicas para converterse en cidade piloto do automóbil eléctrico, tanto na construción como no seu uso. O modelo vigués abrangue da fabricación ás vantaxes fiscais, a ordenanza municipal e as empresas de instalación e distribuidoras de enerxía eléctrica
mércores, 17 nov 2010
Abel Caballero anunciou este mércores o envío dunha carta ao conselleiro de Medioambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, solicitando que inclúa o acondicionamento dos espazos entre os edificios de Navia na nova adxudicación que prevé o goberno autonómico para finalizar a zona verde desta populosa zona viguesa, tras decidir a rescisión do contrato coa actual constructora. "Ten que atender a Navia nas condicións que Navia require", asegurou o alcalde.
martes, 16 nov 2010
Abel Caballero entrevistouse na tarde de onte luns co novo director do Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, o galego Daniel Miranda, e coa presidenta de Congrevigo, Ascensión Durán, empresa encargada da xestión desta dotación. Os prazos da obra prevén á súa finalización este ano, tras o que a concesionaria habilitará o espazo para abrilo ao público cunhas xornadas de portas abertas para a cidadanía.