O alcalde visita a pista de xeo de Coia, "a maior instalada nunca na cidade"
Abel Caballero achegouse hoxe ata a pista de xeo instalada na zona na que se organiza a festa de Coia. Cunha carpa de 40x20 metros e unha pista de 30x16, a deste ano "convértese na maior pista instalada nunca na cidade, bastante maior que a do ano pasado, exemplificou. O rexedor lembrou que para participar hai que ser maior de tres anos e que os 100 patinadores que como moito poden albergar as instalacións contan coa constante vixiancia de monitores. Engadiu que o tempo por sesión é de 45 minutos e haberá prezos especiais para grupos escolares.