PROXECTO DE EXPROPIACIÓN POR TAXACIÓN CONXUNTA DA ACTUACIÓN DOTACIONAL Nº 6 DO PEPRI CASCO VELLO. APROBACIÓN INICIAL (EXPTE. 231/413)
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 18 de novembro de 2011, adoptou o seguinte acordo:
"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio por taxación conxunta da «ÁREA DOTACIONAL Nº 6» do PEPRI do Casco Vello, referido a 2,30 m² da finca sita en R/Ferreira nº 1, con referencia catastral 2764104NG2726s0001AH, e 15,00 m² da finca sita en R/Abeleira Menéndez nº 14, con referencia catastral 2764105NG2726S0001BH, segundo a descrición obrante na documentación elaborada pola Oficina de Planeamento e Xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo (exp. 231/413).
SEGUNDO: Proceder á apertura dun trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada aos propietarios da respectiva folla separada de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular as alegacións que estimen oportunas.
TERCEIRO: Instar do Rexistro da Propiedade nº 5 de Vigo a práctica da anotación do inicio do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta de 2,30 m² da finca rexistal nº 4628, sita en R/Ferreira n1 1, inscrita ao Tomo 1623, Libro 1623, Folio 197, Alta 10; e de 15,00 m² da finca rexistral nº 4627, sita en R/Abeleira Menéndez nº 14, inscrita ao Tomo 25, Libro 25, Folio 83, Alta 7."
O expediente estará a disposición do público en xeral no departamento de Información de Urbanismo, situado na planta baixa do edificio da Xerencia municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n), en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen pertinentes na súa defensa, entendéndose o periódo de exposición pública dende a primeira publicación ata pasado o mes dende a última publicación.