Escoitar

Concerto en VigoSónico do grupo de rap "Polos puestos"

O vindeiro sábado, 3 de decembro, ás 20:00h, o espazo xuvenil VigoSónico (Estrada do Portal – Parque Tecnolóxico de Valadares) da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo acollerá o concerto de rap de Polos Opuestos.O concerto é gratuíto e responde aos obxectivos da Concellería de Xuventude de apoiar as iniciativas musicais da mocidade da nosa cidade, aportando para elo salas de ensaio, información, formación e divulgación.

venres, 2 dec 2011
1322831678polosopuestos.jpg
Polos Opuestos é unha formación viguesa, nacida no ano 2009 e composta por dous rapeiros da nosa cidade: Sine & Tucky. Tras unha traxectoria individual, con maquetas publicadas por separado, como "La cruda realidad" ou "Libertad de expresión" respectivamente, deciden xuntar as súas experiencias persoais para formar o colectivo "Polos Opuestos".

Para esta ocasión contarán coa colaboración doutros artistas como GP Delice, Jako cdc e Yisus.

O concerto é gratuíto e responde aos obxectivos da Concellería de Xuventude de apoiar as iniciativas musicais da mocidade da nosa cidade, aportando para elo salas de ensaio, información, formación e divulgación.

Máis información:
www.xuventudevigo.org/vigosonico
http://www.myspace.com/polosopuestos2010
Descargar todas as imaxes