xoves, 1 dec 2011
O rexedor avanzou que 87 asociacións socioculturais da cidade organizaron distintos eventos no 2011 co apoio do Concello de Vigo, quen aportou case 100.000 euros. Este foi un dos acordos adoptados esta mañá nunha Xunta de Goberno local na que tamén se adxudicou, por 42.480 euros, a contratación do deseño e produción das carrozas da Cabalgata de Reis deste ano.
xoves, 1 dec 2011
O alcalde de Vigo entrevistouse este xoves co anterior responsable da factoría de Balaídos de PSA na súa despedida, quen foi "capaz de ir mantendo o ritmo de producción e buscarlle un horizonte" á planta, conservando o seu peso dentro do grupo, conseguindo a fabricación de dous novos modelos e coa perspectiva de acoller en Vigo unha furgoneta eléctrica e outro vehículo.
xoves, 1 dec 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e membros da Corporación Municipal acudiron este xoves á lonxa do Concello, onde o grupo Imán habilitou un gran lazo vermello para conmemorar que hoxe, 1 de decembro, é o día mundial da loita contra o SIDA. Este ano recórdase ademais a aparición desta enfermidade na socidade hai trinta anos.
xoves, 1 dec 2011
A Concellería de Cultura e Festas colabora coa productora Músicas do Sul, na presentación do primeiro disco do grupo vigués "Xardín desordenado" que terá lugar o venres, día 2 de decembro, ás 21 horas no Auditorio Municipal.O acceso ao concerto é gratuito ata completar aforamento.As invitación pódense recoller no despacho de billetes 60 minutos antes.
xoves, 1 dec 2011
A Concellería de Xuventude abre o prazo para inscribirse no curso de monitor/a de actividades de tempo libre, destinado á mocidade de Vigo, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Para poder realizar este curso deberase estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.
xoves, 1 dec 2011
O Colectivo Violeta inaugura a VII Exposición de Mulleres Fotógrafas o venres día 2 de decembro ás 20 horas na Casa das Mulleres (Rúa Romil nº 20-baixo). A exposición estará aberta todo o mes de decembro en horario de 17,30 h a 21,30h,de luns a venres.