martes, 3 nov 2015
Segundo revelou este martes o alcalde e presidente da FEMP, o Goberno de España paraliza a aplicación da Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local -que obriga aos concellos a deixar de aplicar política social desde 2016- ata que se teñan negociado as normas de financiamento autonómico e local. "Coa carta do secretario de Estado, o Goberno recoñece que a lei é un erro e unha catástrofe que ten que ser paralizada", apuntou Caballero.
venres, 30 out 2015
"Teñen o noso apoio, as súas razóns son xustas", asegurou Abel Caballero tras unha reunión que mantivo este venres con representantes da flota do cerco. Estes solicitaron a instalación dunha pancarta de apoio co obxectivo de mobilizar a opinión da cidade. O rexedor denunciou a "gravísima situación de risco de perder toda a flota" dos entre 300 e 350 afectados en Vigo polas cotas asignadas.
xoves, 29 out 2015
Abel Caballero referiuse ás cidades como espazo no que os cidadáns accederon e implantaron novos modelos de participación política. Na súa intervención nun almorzo informativo insistiu nunha reforma constitucional que recolla a autonomía local, as competencias muncipais e un novo modelo de financiación. Pediu a derogación da reforma local para evitar que o próximo 1 de xaneiro se produza un caos polo peche de servizos.
mércores, 28 out 2015
Abel Caballero cooperará co Instituto de Investigacións Mariñas na súa intención de trasladarse á ETEA e "ser o elemento de arranque da Cidade do Mar. Logo de manter un encontro co novo director, Antonio Figueras, Caballero avanzou que, segundo lle trasladaron, o CSIC xa está a estudar esta petición de traslado que "conta con todo o apoio do Concello porque é moi importante retomar a investigación e o I+D+I".
mércores, 28 out 2015
Abel Caballero reuniuse esta mañá con representantes da organización do Salón do Automóbil de Vigo que no vindeiro mes de abril celebra a súa vixésimo quinta edición. O rexedor felicitou aos responsables do evento polo "magnífico traballo realizado nestes 25 anos" e comprometeuse a "seguir cooperando como sempre fixo o Concello, que ten sido un factor de dinamización do Salón".
mércores, 28 out 2015
Na inauguración este mércores dun encontro no que interventores e secretarios de municipios de toda España analizan o custo efectivo dos servizos públicos das entidades locais, o alcalde manifestou que a inmensa maioría dos concellos españois queren a derrogación da lei e rexeitan que se aplique ese concepto o vindeiro ano, xa que se descoñece a fórmula para empregalo. Ademais, o rexedor sostén que o cálculo do custo efectivo debe ter en conta as características particulares de cada municipio.
luns, 26 out 2015
Abel Caballero e José Espartero, director de vendas de Ryanair para España e Portugal presentaron este luns no Concello as novas rutas que conectarán Peinador con Barcelona a partir do 2 de xaneiro, con Dublín e Boloña dende abril de 2016 e con Edimburgo e Milán en 2017. A compañía irlandesa estima que moverá dende Vigo 150.000 pasaxeiros e acadará o 90% de ocupación nos seus voos, que estarán dispoñibles dende mañá martes na súa páxina web por 19,99 euros.
luns, 19 out 2015
Un gran lazo rosa loce hoxe luns na fachada do Concello en solidariedade coa celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama. En declaracións aos medios, o alcalde lanzou esta mañá unha chamada á "sensibilidade e á proximidade", ao tempo que trasladou todo "o noso apoio" ás doentes. <br />
luns, 19 out 2015
O próximo mes de abril Vigo acollerá a XI Olimpíada Española de Bioloxía na que o alumnado de Bacharelato de toda España medirá os seus coñecementos nesa materia. Nun encontro mantido este luns entre o alcalde e os representantes do Colexio Oficial de Bioloxía de Galicia, Abel Caballero amosou o seu apoio a esta cita e ás iniciativas que se desenvolvan no ámbito científico na cidade
mércores, 14 out 2015
O rexedor mantivo esta mañá unha "protocolaria e cordial" reunión co novo vicecónsul de Portugal, Manuel Correia da Silva, durante a que lle trasladou a nova dimensión territorial que suporá a posta en marcha da área metropolitana de Vigo. Este novo ente administrativo terá entre 50 e 60 kilómetros de frontera con Portugal.