Caballero asegura que a manifestación pola sanidade pública "marca un antes e un despois"

venres, 4 set 2015

O alcalde de Vigo aseverou que a "excepcional" manifestación de onte xoves foi "un momento histórico da cidade" que "marca un antes e un despois" na demanda dunha sanidade pública, gratuita e de calidade. Caballero esixíu ao presidente da Xunta de Galicia que atenda "este clamor multitudinario" e anunciou unha reunión para a próxima semana coa xunta de persoal do CHUVI.

O Concello ofrece a súa colaboración ao Círculo Mercantil

xoves, 3 set 2015

Abel Caballero mantivo un encontro este xoves na Casa Consistorial coa nova directiva do Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo encabezada polo seu presidente, Nicolás López-Guerra, o vicepresidente, Avelino Castro, e o director xerente, Roberto Campo. O rexedor ofreceulles a cooperación institucional do Concello no labor que realizan, xa que se trata dunha entidade moi importante en Vigo, a quen o rexedor desexa a mellor sorte na nova etapa que inicia.

Vigo e Fornelos demandan "premura" na reforma da lei de Área Metropolitana

xoves, 20 ago 2015

Os alcaldes de Vigo e Fornelos de Montes coinciden "ao 100%" no modelo de Área Metropolitana de Vigo e na necesidade de reformar a lei autonómica de forma "urxente" para que entre en funcionamento. Así o explicou Abel Caballero ao remate da reunión con Emiliano Lage, no marco da rolda de entrevistas que está a manter cos alcaldes e alcaldesas do entorno para pulsar opinións sobre a Área Metropolitana.