Escoitar

O rexedor apoia a demanda dos sindicatos sobre a unificación dos servizos xudiciais

Os sindicatos de xustiza da cidade trasladáronlle a Abel Caballero a petición feita á Xunta de Galicia para que a Cidade da Xustiza incorpore tamén o Rexistro Civil, ao tempo que solicitan unha escola infantil nas instalacións.

venres, 22 dec 2017
1513949394sindicatos.jpg
O alcalde amosou publicamente o seu apoio ás demandas que lle trasladaron este venres os representantes dos sindicatos de xustiza na cidade de Vigo cos que mantivo un encontro.

A primeira delas é a petición que realizaron á Xunta de Galicia de unificación de todas as instalacións da Administración de Xustiza, incluído o Rexistro Civil, algo que a Caballero lle parece "moi razoable" xa que permite ter un área administrativa centralizada para prestar o servizo á cidadanía, que poderá realizar as súas xestións sen necesidade de desprazarse pola cidade.

Amais, os traballadores solicitáronlle ao Goberno galego a apertura dunha escola infantil na Cidade da Xustiza que lle permita ao persoal conciliar a súa vida familiar e laboral ofrecendo facilidades á natalidade. O alcalde sumouse a esta petición aínda que manifestou a súa desconfianza nesta posibilidade polo que sinalou a disposición do Concello para instalar unha escola infantil municipal para utilización xeral pero tamén para o persoal da Administración de Xustiza porque considera que é "importante dar facilidades ás familias de toda a cidade".
Descargar todas as imaxes