O goberno municipal iniciará a próxima semana os trámites para contratar o novo Plan Xeral
Abel Caballero anunciou este venres que o goberno que preside levará a próxima semana á Xerencia de Urbanismo o inicio do proceso de contratación do novo PXOM. Ademais, o alcalde deu conta da recepción dos informes estatais para a aprobación inicial do Plan Parcial de Navia, onde se prevé construír 1.600 vivendas protexidas.
O goberno de Vigo comezará a próxima semana os trámites para a contratación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal da cidade. Así o anunciou Caballero en rolda de prensa, explicando que pasará pola Xerencia de Urbanismo a incoación deste expediente.
Engadiu o rexedor que, a continuación da Xerencia, se aprobarán os pregos para a contratación do Plan nunha sesión extraordinaria, porque "non queremos perder nin un día" e censurou que "estivemos un ano agardando polo convenio da Xunta de Galicia" para o cofinanciamento dos traballos, que foi asinado recentemente.
Tamén en materia urbanística, en no tocante ao Plan Parcial de Navia, Caballero deu conta da recepción dos informes favorables de Demarcación de Estradas do Estado, polo que o Concello está en disposición de realizar os informes preceptivos para poder aprobar inicialmente o nomeado Plan. O alcalde deu algunhas cifras referentes ao Plan Parcial, que prevé a construción de 1.600 vivendas e ata 28.000 metros cadrados de zonas verdes.