Escoitar

O goberno municipal organiza obradoiros e espectáculos para este Nadal en Navia

Dende mañá venres, día 22, e ata o 31 de decembro, a rúa Teixugueiras acollerá diferentes actividades para nenas e nenos en dobre horario de mañá – de 11 a 14 horas- e de tarde – entre as 17 e as 21 horas.

xoves, 21 dec 2017
1513877621navia.jpg
O rexedor convidou "ás nenas e nenos vigueses a que vaian a Navia porque o pasarán ben" co programa de actividades organizadas polo Concello entre o 22 e o 31 de decembro na rúa Teixugueiras.

En horario de mañá e tarde, entre as 11 e as 14 horas e entre as 17 e as 20 horas, haberá talleres de xoguetes, origami, agasallos de Nadal, naves de stars wars, pulseiras ou pintura creativa. Ademais, as cativas e os cativos poderán gozar de diferentes espectáculos: contos a cargo de Raquel Queizás e Bea Campos, os espectáculos "Canta connosco" e "Merenda con pan de millo" de Migallas Teatro, teatro da man de O Baúl da Tía Tola coa peza "Tilín e Tilón en Estrazalonia" e os títeres e contacontos "Sabela e o paxaro máxico", "O traxe novo do rei" e "Amoriños contei" a cargo de Tarabelos.

O programa inclúe tamén concertos en case tódalas xornadas cos grupos: Komodo e Legacy of Sorrow, Ritmoceronte e LVME, Turn do Dusto e Zurraspa, Trophaeum e Arson The Tides, Poetics e Black Seed e Faced Out xunto a Lapsus Mentis.
Descargar todas as imaxes