O Concello investirá máis de 56 millóns de euros en humanizacións, parques e melloras de vías na cidade
O alcalde considera que se trata dun "plan de humanizacións masivo correlativo a un plan de emprego máis importante que o Plan E". Este mércores deu conta das obras en marcha e das que teñen previsto o seu inicio o vindeiro ano 2018.
Cun total de 56.626.000 euros o goberno de Vigo asume nos próximos meses "as máis importantes humanizacións en relación co tamaño da cidade que se están facendo en ningunha urbe de España", así o sinala o rexedor que, engade, estamos diante dun "plan masivo en todo Vigo correlativo a un plan de emprego máis importante que o Plan E" e que está cofinanciado entre Concello, Deputación e os Fondos Europeos.
Así, detallou as obras que se están acometendo nestes momentos, como é a Porta do Sol, onde a semana pasada deron comezo as catas arqueolóxicas para desenvolver o proxecto dunha gran praza peonil para dispoñer dun lugar de encontro cidadá. O proxecto conta cun orzamento de 9.000.000 euros e está previsto que se inicie en maio do próximo ano. Ademais, Caballero explicou que se están realizando obras por valor de 11.402.000 euros: a cuberta de Río no Estadio Municipal de Balaídos, o aparcamento público no Hospital Álvaro Cunqueiro, as escaleiras mecánicas entre Abeleira Menéndez e a Porta do Sol, as humanizacións das rúas Bueu e García Lorca, a substitución de firmes en vías municipais no ámbito rural, a mellora da seguridade na Avenida da Ponte en Cabral, a accesibilidade peonil na Avenida de Europa e as beirarrúas na subida a Hermide en Candeán e en Castrelos.
Con respecto ás obras que comezarán a executarse o vindeiro ano 2018, que ascenden a 6.885.000 euros, o alcalde apuntou as humanizacións de Marqués de Valterra e Canceleiro, entre García Barbón e Rosalía de Castro, o ascensor que comunicará San Salvador coa Praza Isabel a Católica, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Vigo Vertical cofinanciada con Fondos Europeos, ao igual que os dous ascensores que comunicarán Marqués de Valterra e Torrecedeira e Torrecedeira con Pi y Margall. Amais, inclúese no plan a mellora da contorna da Escola de Música de Beade, a rehumanización de García Olloqui e a Praza de Compostela e as cubertas dos patios do Colexio Rocío e Carballal.
Caballero deu conta das obras que acometerá o Concello con cargo ao Superávit 2016, unhas inversións por valor de 9.240.000 euros que inclúen as humanizacións das rúas Colombia, Fase 1, Fátima, María Berdiales, Purificación Saavedra, entre Sanjurjo Badía e Enrique Lorenzo, Camilo José Cela, José Frau, Vía Norte, Sanjurjo Badía co Barrio das Flores, o perímetro exterior de Álvaro Cunqueiro e a renovación de beirarrúas na Avenida Atlántida, Fase 2. Amais executaranse con cargo a este orzamento os parques infantís de Navia, a praza de Pedro Alvarado e a ampliación dp parque infantil de Praza da Independencia.
Por último, sinalou o alcalde as obras do carril bici entre Teis e Samil, a humanización da estrada provincial Emilia Pardo Bazán, a humanización de Gran Vía e a mellora da estrada do Porto, Beade-Valladares.