O Concello aforrará 350.000 euros na factura da luz coa implantación de leds en toda a cidade
David Regades avanzou esta mañá que o Concello concluirá o ano que vén o ciclo de renovación do alumeado, coa substitución de 1.000 luminarias, que se sumarán ás case 6.000 que cambiaron neste 2017. Esta medida permitirá reducir a potencia nun 8% e xerará un aforro económico de 350.000 euros na factura municipal da luz.
O segundo tenente de alcalde avanzou esta mañá que en 2018 todas as luminarias de Vigo serán led, de tecnoloxía avanzada e limpas, desde o punto de vista medioambiental. Deste xeito, o Concello seguirá a traballar para que Vigo sega a estar á cabeza das smart cities de España, continuando coa renovación de 5.900 luminarias que se realizou este exercicio, substituíndo lámparas obsoletas e altamente contaminantes de 80 watios por leds de 20 watios de alta tecnoloxía. Este cambio permitiu baixar a potencia contratada de 80 a 20 watios, ao tempo que melloraba a calidade da iluminación e aforrábase en custo. Concretamente, detallou, a potencia minorouse nun 6,5% e o gasto baixou en 300.000 euros.
O segundo tenente de alcalde avanzou que ano que vén o Concello concluirá o ciclo de renovación do alumeado, coa substitución doutras 1.000 instalacións, o que suporá seguir a avanzar na mellora da iluminación, no aforro económico e no fomento da sostenibilidade. Concretamente, reducirase nun 1,5% máis a potencia e crecerá o aforro nun 10%. Deste xeito, a finais de 2018 a potencia aforrada alcanzará o 8% e a rebaixa na facturación será de 350.000 euros, dentro dunha factura anual de luz de 3 millóns de euros.
Na súa intervención Regades sumou este aforro ao 30% xa conseguido con outras medidas que se veñen implementando na cidade desde 2007 como as grandes infraestruturas, as humanizacións, reducións do 50% da potencia, os reguladores de fluxo, a regulación de iluminación entre as 00,00 e ás 06,00 h, a monitorización dos cadros eléctricos ou a implantación de cadros de mando con telexestión, unha ferramenta moi práctica no caso de avarías.
Descargar todas as imaxes