Escoitar

O Concello inicia a tramitación das axudas contra desafiuzamentos por un valor superior aos 2,5 millóns

A Xunta de Goberno deu luz verde ao inicio da tramitación administrativa que permitirá implementar as axudas aos desafiuzamentos de cara a 2018. Cun importe superior aos 2,5 millóns de euros, o rexedor destacou a importancia dunhas achegas que inclúen unha partida para que persoas con mobilidade reducida poidan a adaptar os seus fogares.

xoves, 21 dec 2017
O alcalde deu conta hoxe xoves do inicio da tramitación administrativa que permitirá outorgar os cheques sociais. Articulados en tres bloques, o programa de axudas de emerxencia está dotado con 842.000 euros, aos que se suman outros 50.000 euros, para axudas destinadas á adaptación dos fogares de persoas, que por idade ou por algunha discapacidade, teñan mobilidade reducida. A esta cantidade hai que sumar 1,6 millóns do programa de axudas extraordinarias para alimentación, subministros e vivenda. En total, recalcou, as achegas contra desafiuzamentos en Vigo superan os 2,5 millóns de euros, mentres que noutras cidades galegas o non existen o apenas alcanzan os 100.000 euros.

A Xunta de Goberno local tamén deu luz verde á prórroga da cesión gratuíta e temporal do uso do terreo para o horto urbano situado en Ramón Nieto, 266, que ten unha superficie de 1.186 m2 adicados a formación medioambiental. Tal e como lembrou o rexedor, nestes momentos o Concello ten unha superficie aproximada de 16.000 m2 distribuídos en 9 hortos: Navia, Fontáns, Pedro Alvarado, Camelias, Sardomela, 2 en Ramón Nieto, Casa da Xuventude e Vigozoo.

Nestes momentos, hai uns 350 usuarios activos, unha cifra que se eleva aos 1.200 se falamos dos participantes nos cursos de formación. Unha vez superados os cursos, adxudícanse os bancais e este ano o Concello puxo en marcha o nivel 2 de horta-escola, que consiste en que aqueles participantes que leven máis dun ano no nivel I, poidan solicitar unha parcela de aproximadamente 20 m2 en Ramón Nieto ou Sardomela. Tal e como explicou o rexedor, esta iniciativa conta coa participación do voluntariado medioambiental.

Patios
O goberno local, asi mesmo, deu luz verde á clasificación de ofertas para a cubrición do patio de Carballal, cun importe de 335.000 euros e un prazo de execución de 3 meses. Tamén está en marcha a obra de cubrición do patio Virxe do Rocío, co mesmo prazo de execución e un orzamento de 227.000 euros. Respecto ao colexio Canicouva, o Concello está pendente da autorización de Patrimonio. Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, o orzamento de 2018 inclúe 450.000 euros para continuar cubrindo patios de colexio na cidade, aínda que sexa unha competencia exclusiva da Xunta de Galicia. Unha situación similar á que se está a dar no colexio Ramón y Cajal (Picacho), onde é o Concello o que está acometendo o cambio do dos alumnos por Marqués de Valterra, en non por Beiramar como estaba deseñada a entrada ata o de agora.

Parques
Na rolda de prensa o rexedor aludiu tamén aos máis de 3 millóns de euros que o Concello adica nestes momentos a parques infantís. Esta mesma mañá contratáronse as obras de ampliación do parque infantil de Barreiro, que se sumarán ás que están punto de comezar en no parque de Venezuela e ao resto de ampliacións ou renovacións de espazos en marcha: Independencia, Pedro Alvarado, Plaza Elíptica, Navia e Bouzas -neste caso hai algunha dificultade con Patrimonio que se solventará, apuntou.