xoves, 19 out 2017
O Auditorio Mar de Vigo foi o lugar elixido para presentar os comités técnicos, científicos e económicos-sociais que van dirixir a dirección na que debe moverse a candidatura das Illas Cíes para ser recoñecida Patrimonio da Humanidade. Acompañado polo reitor da Universidade, asegurou que estes equipos de traballo están baseados na excelencia na investigación e na calidade dos trinta profesionais integrantes.
mércores, 18 out 2017
O alcalde recibiu este mércores á nova directora do aeroporto de Vigo, a quen lle trasladou o obxectivo do Concello de "recuperar" os niveis de pasaxeiros "que nunca debeu perder", mantendo as rutas existentes sen descartar que Ryanair voe tamén a Madrid. Peinador suma ata setembro 816.000 viaxeiros, un 10,4% máis que no mesmo período do 2016.
martes, 17 out 2017
Abel Caballero recibiu este martes na Alcaldía ao embaixador de Taiwan en España, Simon Ko. Segundo explicou o alcalde, analizaron a "eventual relación" entre Vigo e o "gran imperio económico" taiwanés e emprazáronse a manter unha reunión en Madrid ao efecto.
luns, 16 out 2017
Abel Caballero explicou este luns que os efectivos municipais seguen na rúa realizando tarefas de prevención para evitar que se reactiven lumes e deu conta das intervencións realizadas o domingo, xornada na que catrocentas persoas tiveron que ser desaloxados das súas vivendas.
martes, 10 out 2017
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente do Grupo Aletheia-Vigo, Avelino Muleiro, presentaron este martes o evento, con entrada de balde ao Auditorio municipal do 16 ao 19 de outubro. Baixo o epígrafe "Filosofía e medicina", as xornadas programan conferencias sobre temas de actualidade como a xestación subrogada ou o modelo sanitario galego.
xoves, 5 out 2017
O alcalde inaugurou hoxe xoves unha conferencia concebida para incrementar a concienciación cidadá e promover o debate sobre o futuro dos sistemas de accesibilidade aos medos de comunicación para persoas con necesidades especiais. O Centro Cultural Afundación foi o escenario no que se desenvolveu a Media Accessibility Platform, con expertos de distintas universidades internacionais, entre as que se atopa a de Vigo.
xoves, 5 out 2017
Conxemar foi hoxe xoves o escenario no que se presentaron os resultados do "Fishing Accelerator", unha ferramenta para potenciar a produtividade da pesca a través da tecnoloxía. Antes de acudir, Caballero eloxiou unha iniciativa que redundará en melloras para as empresas dun sector tan importante en Vigo como a pesca.
mércores, 4 out 2017
O alcalde vaticinou hoxe mércores o éxito de Conxemar, logo de onte percorrera o recinto feiral no que se respiraba "unha atmosfera moi optimista". Na súa opinión, o elevado número de expositores e participantes fan presaxiar os mellor dos éxitos deste importante evento para a cidade.
martes, 3 out 2017
O alcalde participou un ano máis na inauguración da feira de Conxemar, no Ifevi, que este ano reunirá 608 expositores de 43 países diferentes. No seu discurso, felicitou aos organizadores pola capacidade do evento de xerar valor engadido para a pesca internacional.
luns, 2 out 2017
Caballero anunciou este luns o envío dunha declaración do Goberno de Vigo ao presidente da Xunta, requeríndolle que as contas autonómicas do próximo ano inclúan cuestións "reiteradamente demandadas nos últimos anos" en Vigo. A listaxe inclúe a promoción turística, o centro de saúde de Bouzas, a gratuidade do aparcamento do Cunqueiro ou o apoio ao AVE por Cerdedo.