xoves, 25 ago 2011
O rexedor municipal dirixirase por carta aos alcaldes da área de Vigo alertando sobre a necesidade de extremar as medidas de control de gasto de auga "ante a preocupante situación dos encoros". Avanzou a posta en marcha desde o Concello dunha campaña divulgativa para que toda a cidadanía adopte medidas de aforro doméstico.
xoves, 25 ago 2011
Abel Caballero destacou o aumento nun 90 por cento das solicitudes de bolsas de comedor rexistradas este ano, que pasaron de 1.951 , no curso pasado, a 3.699 neste curso que comeza. Instou á Xunta a "tomar nota de que ten que ampliar os comedores" en tanto que desde o Concello "imos conceder todas as bolsas precisas sempre que haxa espazo nos colexios".
xoves, 25 ago 2011
Abel Caballero destacou o aumento nun 90 por cento das solicitudes de bolsas de comedor rexistradas este ano, que pasaron de 1.951 , no curso pasado, a 3.699 neste curso que comeza. Instou á Xunta a "tomar nota de que ten que ampliar os comedores" en tanto que desde o Concello "imos conceder todas as bolsas precisas sempre que haxa espazo nos colexios".
mércores, 24 ago 2011
O rexedor municipal avanzou que hoxe mércores, ás 13,00 horas, quedou aberto ao tráfico un carril ascendente da rúa Colón, despois de verse afectada polas inundacións que asolaron Vigo na madrugada do pasado luns. Aclarou que entre hoxe e o xoves tratarase de abrir un segundo carril, "tan pronto como sexa posible", matizou. O alcalde, que hoxe visitou de novo a zona, anunciou que se vai acometer "a obra definitiva que permita subsanar as deficiencias internas" que arrastra a rúa Marqués de Valladares desde a súa humanización, obras realizadas durante o último mandato do PP na cidade.
mércores, 24 ago 2011
Cun importe de adxudicación de 375.000 euros, a Xunta de Goberno deu luz verde hoxe mércores á ampliación en 150 as bolsas de inglés que o Concello concede, co que xa serán 510 rapaces de Vigo os que poidan estudar en Inglaterra este verán. Segundo explicou o rexedor, este aumento "foi preciso para cubrir a supresión que a Xunta realizou de todas as axudas para estudar inglés nesta cidade".
mércores, 24 ago 2011
O rexedor "cooperará activamente" para que o Ministerio de Economía atenda as solicitudes que a empresa Denso, ubicada en Valladares, lle solicitou ao Ministerio de Economía para ampliar a súa factoría. Caballero, quen mantivo un encontro con responsables da empresa, coida que estas peticións deben ser atendidas "concebindo a automoción como un sector estratéxico para Vigo, Galicia e España".
martes, 23 ago 2011
A Xunta de Goberno deu luz verde hoxe martes ás ordenanzas fiscais do 2012, que reducen a presión fiscal ás clases máis desfavorecidas: nenos, maiores e dependentes. Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, na maior parte dos casos, as taxas quedan conxeladas en termos reais, xa que se aplica a actualización do IPC.
martes, 23 ago 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado do presidente do Celta, Carlos Mouriño, desprazouse hoxe martes ata a Madroa para despedir aos 44 efectivos de Vigo que participan nos XIII edición dos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros. O evento deportivo celébrase en Nueva York entre o 25 de agosto e o 5 de setembro.
martes, 23 ago 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, solicitou hoxe á Xunta que "reconsidere a decisión de retirar unha ambulancia medicalizada de Vigo". Así o indicou nunha rolda de prensa na que fixo fincapé na trascendencia desta medida nunha cidade caracterizada pola súa dispersidade xeográfica, que se estende ao longo de 110 quilómetros, xa que "nos deixa nunha situación sanitaria moi precaria".
luns, 22 ago 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou hoxe con representantes da Federación de Peñas Recreativas El Olivo un convenio de colaboración para a promoción da cultura e do deporte. O Concello aportará 15.000 euros e, pola súa banda, El Olivo comprométese á estimular o deporte, a cultura e arte, organizar eventos recreativos e apoiar iniciativas a prol do desenvolvemento cultural de Vigo.