Escoitar

Caballero esixe á Xunta e ao Goberno que actúen para que Vigo "non pague o gasóleo máis caro de España"

O alcalde criticou esta mañá que os vigueses teñan que pagar 5 euros máis de media por encher o depósito de gasoil que o resto dos españois, unha situación para a que no existe xustificación algunha. Reclamou á Xunta e ao Goberno central que actúen para que se cumpran as condicións legais de competencia. <br />

martes, 7 nov 2017
O alcalde de Vigo denunciou este martes que os prezos do gasóleo nas estacións de servizo da cidade están "son os máis caros de España -unto con Baleares- e non hai razón que o xustifique". En declaracións aos medios, esixiu á Xunta e ao Goberno central que actúen para que se cumpran as condicións legais de competencia.

Caballero lamentou que "non tivera moito efecto a mediación ante a Comisión Nacional de Mercados que o presidente da Xunta anunciou hai tempo". Ademais, engadiu, en Galicia seguimos a pagar o céntimo sanitario, mentres que noutras moitas comunidades non se paga. En opinión do alcalde, estes prezos, que supoñen que encher un depósito sexa uns 5 euros máis caro que no resto da media española, son un "moi prexudiciais e moi gravosos" para os vigueses e viguesas.