Escoitar

O goberno de Vigo eleva en 2018 o apoio ao deporte de base ata os 1,14 millóns

No ano 2015, o Concello adicou 430.000 euros ao deporte de base, cantidade que o goberno vigués sube en tres anos ata os 1.145.000 euros, segundo explicou Caballero este luns. Supera así o compromiso adquirido de duplicar a axuda, un ano antes de concluír o mandat

luns, 6 nov 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, continuou detallando o orzamento elaborado polo goberno vigués para o próximo ano, este luns no tocante as contas para deporte. En particular, o primeiro edil referiuse ás achegas para o deporte de base e ao seu compromiso -adquirido na última campaña para a súa reelección- de duplicalo ao longo do presente mandato 2015-2019.

No ano 2015, explicou, as contas reservaban 430.000 euros para o deporte de base e no documento orzamentario de 2018 esta cifra ascende aos 1.145.000 euros, co que o incremento supera o obxectivo do 100%, e un ano antes de concluír o mandato, tal e como puxo en valor Abel Caballero.