Caballero anima a cidadanía a que se envorque na carreira solidaria Érguete e Corre o domingo 12
O alcalde presentou hoxe a terceira edición de Érguete e Corre, unha "gran proba de atletismo", como a definiu o rexedor, e ademais agradeceu a aposta de varias firmas privadas "que sempre están apoiando as movilizaciones deportivas", posto que na rolda de prensa, ademais do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acudiron a presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, o padriño desta edición, Daniel Bargiela, e varios patrocinadores.
A carreira, con epicentro no Paseo de Alfonso XII, dispútase o domingo 12 de novembro en dúas fases. Unha primeira ás 10:00 horas con saída da pedalada de 5 quilómetros e unha carreira non competitiva para nenos de 3 a 9 anos, e unha segunda (11:00 horas) con partida ao tempo dos participantes no 10.000 cronometrado e competitivo e dun 5K que se pode facer andando ou correndo e que non dá gañadores. A proba para nenos é a novidade este ano.
"Quero convidar á cidade o domingo. Esta é unha carreira con fins solidarios, para cumprir cos dereitos das persoas e con fins do mellor, que ao final é a acción de Érguete", sostivo o xefe do goberno municipal, que fixo unha broma sobre Bargiela: "Moito corre; védelo aquí e parece un tipo normal, pero non o é cando se pon a correr", dixo.
Avendaño lembrou que "a meta da carreira vai asociada a poñer un freo entre a xente nova como prevención de condutas adictivas. O deporte contribúe moito a facilitar o tempo de ocupación, a relación e a apertura da persoa como tal, para que a súa vida non quede condicionada ao consumo de drogas".
Gonzalo Talegón, en representación de Caixabank, recordou que "a Obra Social La Caixa mantén unha relación cada vez máis estreita con Érguete, unha das asociacións de referencia tanto no seu campo como na cidade de Vigo", pero tamén que cada vez se implica máis coa cidade", animando "a calzarse as zapatillas de deporte" para correr o 12-N. Pola súa banda, Pablo Tojeiro (Gadis) apuntou que a súa empresa "colabora dende o inicio con esta carreira, e máis aínda cunha asociación que todos os vigueses sentímonos orgullosos", ademais de anunciar que "seguiremos colaborando con Érguete" en futuras edicións.
Bargiela, como padriño, apostou por "chamar a toda a xente a que participe. A competición queda nun segundo plano: o deporte vai unido á saúde e prevén", pedindo "aos que xa corren no circuíto de carreiras populares que se animen por unha boa causa, e aos indecisos que saen a trotar os domingos ou pola semana, que tamén o fagan. Ese gran de area fai falta".
Descargar todas as imaxes