luns, 6 novembro 2017

O rexedor eloxia a tecnoloxía "excepcional" que Siemens amosa en Vigo no tour "Crear lugares perfectos"

luns, 6 nov 2017

O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación achegáronse hoxe luns ás ultimas novidades tecnolóxicas aplicadas á seguridade, mobilidade, redes enerxéticas ou edificacións intelixentes. Vigo é unha das 13 cidades españolas que compañía Siemens visita coa súa smartcity hub itinerante coa que estarán todo o día de hoxe na rúa Príncipe co obxectivo de explicar como avanzar na implementación das solucións máis eficientes e sostibles nas cidades.