martes, 7 novembro 2017

O goberno local cambiará 600 pezas e certificará con AIMEN as 1000 da estrutura de Río

martes, 7 nov 2017

Caballero informou estes martes da chegada de 300 das 600 pezas redondas que o Concello cambiará na estrutura que soporta a cuberta de Río, no estadio de Balaídos. O bo estado das 400 restantes está garantido mais o alcalde anunciou que AIMEN tamén as analizará, ao igual que as 600 novas. O goberno vigués busca a "seguridade ao 100%" e garante o cumprimento do prazo da obra.