O goberno municipal inicia o expediente para a construción da estación do AVE de Urzáiz
O alcalde expresou a "enorme satisfacción" que supón o desbloqueo dun "dos grandes proxectos da cidade" que inclúe un investimento de 10,7 millóns de euros, dos que o Concello achega un 22%.
Abel Caballero informou este martes da incoación do expediente para a construción da estación do AVE de Urzáiz no próximo Consello da Xerencia de Urbanismo, tralo acordo acadado entre as partes, que permitirá a construción da infraestrutura, a cesión dos terreos municipais á Xunta, a construción do túnel de saída de Vigo por debaixo da estación de autobuses e o derribo do paso elevado de Alfonso XIII.
Segundo expuxo o rexedor, o acordo supón un investimento de 10,7 millóns de euros que financiará ADIF nun 62%, o Concello nun 22% e nun 16% a Xunta de Galicia, que ademais custeará a estación de autobuses que é da súa competencia. Ademais, ADIF financiará a redacción dos cinco proxectos que inclúe a obra: o túnel entre Lepanto e a Estación Autobuses, o tramo que discorre entre a Estación Autobuses e a AP9, a obra desde a AP9 ata a entrada ao Centro Vialia Thom Mayne, a demolición do viaduto de Alfonso XIII e o quinto proxecto correspondente ás instalacións e balizamentos.
Caballero amosou a súa "enorme satisfacción porque supón desbloquear un dos grandes proxectos da cidade de Vigo" e manifestou o desexo do Concello de que os proxectos poidan aprobarse antes de que remate 2017 xa que "levamos no orzamento máis de 300.000 euros para pagar a parte correspondente das obras e queremos poder inicialas en 2018" para que se acometan en correlación coa construción da estación de Mayne. Unha vez concluídas, engadiu, o Concello será o titular e xestor do túnel de Lepanto que formará parte das vías urbanas da cidade. Corresponde tamén ao Goberno de Vigo a xestión de proxectos do total da obra por un importe de 4.300.000 euros.
O proxecto do centro de Thom Mayne e os novos accesos serán tramitados polo procedemento establecido na Lei 3/2016 que ten garantido o "apoio preceptivo e vinculante" do goberno municipal vigués, que xa o someteu a información pública xunto á relación de bens e dereitos afectados pola expropiación, que son uns 350 metros cadrados que serán entregados á Xunta de Galicia.