mércores, 8 nov 2017
O alcalde puxo en valor este mércores que "a inmensa maioría dos comedores sociais de Vigo teñen apoio do Concello", achegas que totalizan 238.000 euros a través do Banco de Alimentos, AFAN, Comedor da Esperanza, Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres e Vida Digna.
mércores, 8 nov 2017
O alcalde informou este mércores das cantidades investidas ata o momento polas distintas partes na remodelación do estadio municipal de Balaídos: 12,7 millóns a cargo de Concello e Deputación, 913.000 euros do RC Celta e "cero" da Xunta de Galicia.
mércores, 8 nov 2017
O alcalde visitou este mércores o Parque Infantil de Tráfico do Castro onde o alumnado do CEIP Nuestra Señora de la Esperanza recibiu formación en educación viaria por parte da Policía Local.
mércores, 8 nov 2017
Ao redor de 250 alumnos recibirán formación sobre alimentación e cociña saudable nuns obradoiros que o Concello organiza no mercado de O Progreso, en colaboración con Vegalsa. Ao longo desta semana os estudantes recibirán nocións sobre elaboración de receitas ou interpretación de etiquetado dos produtos de pesca.