Escoitar

O Concello incorpora un pavimento ecolóxico descontaminante na humanización de Estorniño

O alcalde visitou este martes a rúa, que vén de ser humanizada polo goberno vigués entre as rúas Xílgaro e Gregorio Espino, por importe de case 1,2 millóns. Como elementos singulares, Caballero subliñou a incorporación deste pavimento que absorbe CO2 e a posta en valor do entorno con información das aves que dan nome aos viais do barrio.<br />

martes, 7 nov 2017
1510062400estorninoxornal.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes a humanización da rúa Estorniño, no tramo comprendido entre Gregorio Espino e a rúa Xílgaro, por un importe de licitación de case 1,2 millóns de euros.

O Concello de Vigo actuou sobre case trescentos metros de rúa e máis de 5.200 metros cadrados de superficie, instalando 31 puntos de luz LED, 12 árbores, 25 xardineiras, nove papeleiras e cinco bancos. A remodelación municipal supuxo, engadiu o rexedor, a substitución de case que dous quilómetros de canalizacións soterradas, correspondentes ao saneamento, abastecemento e a rede de pluviais.

En declaracións aos medios, Abel Caballero salientou "a novidade da forma de realizar as humanizacións", en referencia á incorporación de algúns elementos "singulares" nesta reforma. Así, o goberno vigués incorporou un pavimento ecolóxico descontaminante -que absorbe CO2- e instalou paneis explicativos sobre as aves que nomean ás rúas do entorno.
Descargar todas as imaxes