Abel Caballero salientou a política social, de emprego e a estabilidade política no balance do 2015

mércores, 30 dec 2015

O alcalde fixo este mércores un repaso ao 2015 que termina, un "moi bo ano" no ámbito municipal no que salientou as políticas social e de emprego e a estabilidade política da cidade, que permite ao Concello ter xa un orzamento aprobado para 2016 e ter aprobado o inicio dun novo PXOM. Caballero tamén subliñou que Vigo presida a FEMP e tamén a Deputación de Pontevedra.

Caballero felicitou aos representantes de comercio "porque lle poñen alma e rostro á economía"

venres, 18 dec 2015

O alcalde de Vigo participou esta mañá na ofrenda floral que realizou a Asociación Sindical de Representantes de Comercio aos compañeiros falecidos. Durante o acto, Caballero transmitíulles o seu recoñecemento porque "lle poñen alma e rostro á economía". Logo de agradecerlles a súa "dedicación e cercanía", participou na entrega dos diplomas e insignias de prata e ouro, en recoñecemento a súa labor profesional.